Airiños do Xunco
A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, celebrará o seu 50 aniversario cunha cea baile que será o 25 de outubro, sábado, desde as 22:30 horas.
“Se pasaches por Airiños do Xunco, se segues sendo membro a día de hoxe ou se simplemente desfrutaches da vida cultural do pobo agora si que si: a gran celebración do 50 aniversario! Cunha cea baile no Almacén amenizada por DJ Conxuro poñeremos o broche de ouro todos xuntos a este ano tan especial”, anuncia o colectivo cultural cervense.
Os tickets están á venda na Pousada O Almacén ata o día 19 de outubro.
A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, inaugurará o día 2 de maio, venres, unha exposición fotográfica dos seus 50 anos de historia. Será a partir das 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo.
“Son 50 anos de cultura, de festividades, de viaxes e de anécdotas. Son 50 anos de historia e, por sorte, moita dela fotografada. Inauguramos unha pequena exposición de fotos que che fará recordar a vida de Cervo dende o 1975 ao 2025. E se ese día non podes asistir, atento porque iremos publicando días e horas nas que estará aberta ao público”, anuncia Airiños do Xunco.
 
        



