Xove
Todo está listo en Xove para a celebración da XX Festa do Polbo, que organizan os hostaleiros coa colaboración e co patrocinio do Concello xovense.
A cita dará comezo a partir das sete da tarde. Participan os seguintes locais hostaleiros: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo da ración será de 15 euros.
Haberá animación polos locais participantes a cargo da Batukada da Charanga A Choca, de Ribadeo.
O Concello de Xove organiza un curso de iniciación á apicultura, de 20 horas de duración, para os días 13 e 14 de abril (sábado e domingo) en horario das 09:00 ás 14:00 e o domingo 21 de abril das 09:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas. Será na Aula de Formación do Concello de Xove.
Ofrecerase formación teórica e práctica. As prazas son limitadas a 20 persoas e as interesadas deben inscribirse no Concello de Xove antes do 5 de abril.
O XXXIII Curso de Formación Orquestral de Xove desenvolverase do 23 ao 27 de marzo e foi presentado cun acto no que participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; e o director da actividade, Xan Carballal.
A organización anuncia que “esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral introduce unha gran novidade, xa que a temática será en formato de conto musical, que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara. Tanto o texto coma a música foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove. A música do conto está composta por Xan Carballal (director do curso de Formación Orquestral) e a lírica composta por Xulia Nogueira (directora da Escola Municipal de Música de Xove). Nesta...
Os cabaleiros da Asociación Equina A Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o domingo 17 de marzo e que foi presentada no Concello. O programa que van desenvolver é o seguinte:
-10:00 h. RUTA A CABALO. Saída do Campo da Igrexa de Sumoas (Xove), pasando pola Lagüela (Xove), erntorno da Praia de Lago, entorno dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída.
A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) servido pola Pulpería Mario.
Rematado o xantar, todos os/as asistentes van disfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos....
leer másA Delegación de Muller do Concello xovense organiza a XV Chocolatada do Día Internacional da Muller. Será o 9 de marzo ás 17:30 horas no salón de actos do centro cívico.
Nesta ocasión, no acto renderase homenaxe ao Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. “O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local”, indican desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade.
Este domingo, 3 de marzo, ás 11:00 horas na praia de Esteiro terá lugar a presentación da próxima edición da Xove Costa Trail, que é a quinta deste evento que organiza a Asociación Cultural Deportiva Xove e que se celebrará os días 16 e 17 de marzo, sábado e domingo.
A organización anuncia que na presentación deste domingo haberá actividades para nenos e máis sorpresas.
A Asociación Equina A Medela organiza a vixésimo quinta edición da súa ruta cabalar en Xove o domingo 17 de marzo.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa saída dos participantes desde o campo da igrexa de Sumoas, onde tamén rematará o percorrido e terá lugar o xantar nunha carpa. O evento estará amenizado por un grupo musical e haberá sorteo de agasallos entre os asistentes. As inscricións para participar, que teñen un prezo de 30 euros por persoa, poden facerse ata o 13 de marzo.
Para esta actividade a asociación A Medela conta coa colaboración do Concello de Xove.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un taller sobre sexto para este venres, 23 de febreiro. Será no salón de actos do Centro Cívico ás 20:00 horas.
Esta actividade, que impartirá a psicóloga e sexóloga Raquel Graña, titúlase “O que non che contaron sobre o sexo. Un taller no que te sentirás dende os 5 sentidos”.
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE) organiza a terceira edición do mercadillo “Ámate como eres”. Será en Xove este mércores, 14 de febreiro, de 10:00 a 20:00 horas.
A asociación explica que este mercadillo “nesta ocasión estará nun novo emprazamento: Concello de Xove (ao carón do Centro Cívico). Agradecemos enormemente a boísima acollida e a axuda prestada polo Concello de Xove”.
O Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acollerá o mércores, 31 de xaneiro, ás 20:00 a presentación do libro “Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega” de Ramón Mariño Fernández e editado por Laiovento. Trátase da presentación do primeiro libro integramente en galego sobre as publicacións autoeditadas en Galicia durante os últimos corenta anos. Neste traballo recóllense propostas de toda a xeografía galega aínda que con maior interese naquelas que proceden de ámbitos menos urbanos.
Os fanzines foron publicacións que autoeditaban persoas con inquietudes culturais, sociais e políticas. A súa aparición supuxo un pulo para os diferentes movementos xuvenís que se estaban dando a coñecer en Galicia durante os 80, 90 e comezos do século XXI. Grupos de música hardcore, punk, mesmo experimental e electrónica, así...
leer más