
A oitava edición da Marcha Xoviética para bicicletas todo terreo será este sábado, día 25 de outubro, en Xove.
O Club Ciclista Komando Xoviético anuncia que a entrega de dorsais e bolsa de corredor farase o dia da proba de 9:30 a 10:45 horas. A bolsa do corredor inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta Teamergy e un vale de cea para aqueles que se inscribiron con esa opción.
A saída da proba será ás 11:00 horas, a ruta é de aproximadamente 45 quilómetros e 1.450 metros de desnivel acumulado. Non é unha marcha competitiva e haberá alternativas para as zonas técnicas.
“Dispoñemos de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes. Para os que vos inscribistes con cea, as portas do pavillón abrímolas ás 19:00 horas e poderedes disfrutar de refrixerio de cervexa. Ás 20:30 comezaremos a repartir a cea”, explica o Club Ciclista Komando Xoviético, que engade: “despois da comida teremos sorteo de premios para todos os asistentes e comezamos a Festa Xoviética coa actuación dun DJ”.