
Fallado o XI Concurso de Fotografía de Medio Ambiente Xove, a súa costa e o seu mar. A entrega de premios será este venres, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.
O Concello de Xove anuncia os gañadores desta nova edición, que “contou coa maior participación ata o momento. Grazas a todos e todas por compartir o voso talento e amor pola natureza e o noso mar. Os premiados son: 1º, Miguel Ángel Díaz Gallego, coa foto Luces (120 euros); 2º, Alberto Rapa Martínez, coa foto Remanso Nocturno (100 euros); 3º, Germán Paleo Navarro, coa foto Rastro de Luz (90 euros); 4º, David Pablo Salgueiro, coa foto Mirador (75 euros); e 5º, Mónica Vila Ferreirós, coa foto Papel (65 euros). Noraboa aos gañadores e o noso sincero agradecemento a todos os participantes. Grazas tamén ao xurado, formado por Santos e Enrique, polo seu excelente e difícil labor”.


