Profesional
O circuíto de teatro profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta fin de semana a Bóveda, San Paio de Narla (Friol), Cangas (Foz) e Guitiriz , con obras de A compañía solitaria do Dr. Monifate, Bátega, Producións Señor López e Mircromina Títeres
22 DE OUTUBRO | 19:00h | CENTRO SOCIAL DE CANGAS (FOZ)
Producións Señor López presenta A viaxe do Señor López
Público familiar
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan características do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit. Úneste á...
leer másDez compañías actuarán dentro do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola Vicepresidencia da Deputación en colaboración con concellos e asociacións.Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pínconús Teatro baixo da area e A compañía solitaria do Dr. Monifate xirarán polas comarcas da provincia con montaxes para distintos públicos.
A programación ponse en marcha coa mesma fórmula que o ano pasado para facilitar que concellos e asociacións teñan marxe para cambios ou aprazamentos de datas, en función da situación sanitaria.
Na presentacion do circuíto, acompañada por integrantes de Ubú Teatro, Pínconús e Ítaca Teatro, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que coa organización deste ciclo se “mantén o apoio á rede de...
leer más