Xove
A asociación cultural Saiñas, de Xove, celebrará o seu 40 aniversario cunha cea baile que terá lugar no restaurante Louzao, de Viveiro, o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.
A organización anuncia que “haberá sorpresas varias, momentos emotivos e moita troula”.
Os interesados en asistir poden apuntarse a través deste enlace:
https://forms.gle/Rpt4PnyD7bi3YWz87 ou enviando unha mensaxe de texto ao teléfono 679 66 71 94 cos datos (nome, apelidos e teléfono de contacto). A data límite para inscribirse é o 29 de outubro.
Mañá, 21 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro vai por en escena a comedia Vivan os noivos. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu...
leer másMañá, 14 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, o Grupo Hipócrita Teatro vai por en escena a comedia Casting. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello xovense.
O GRUPO
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizaba o Concello. Desde entón traballan de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través de diferentes actividades no eido do teatro, que abranguen:
-Creación e representación de espectáculos teatrais para todos os públicos, de pequeno formato (Casting, Miserere, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que...
O sábado, 7 de outubro, terá lugar en Xove o XII Encontro de Palilleiras.
Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, desde o Concello xovense invitan a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais “a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados”.
O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 horas coa recepción de todas as palilleiras. O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 horas pola mañá e der 16:30 a 19:00 horas pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuíta para todos.
A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a...
leer másA sexta edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase o 22 de outubro, domingo, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que “a marcha non é competitiva, é apta para todos os públicos e hai alternativas nos pasos máis difíciles. A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas. A bolsa do corredor inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta 42k, un bote de mel da terra e un vale de comida para aqueles que se inscriban con esa opción. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.250 metros de desnivel acumulado. Ao longo da ruta haberá dous avituallamentos sólidos. Dispoñemos de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes. Ao acabar teremos...
leer másO Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.
O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.
E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.
O programa de actividades ‘Xove ponte en forma’ empeza o 2 de outubro, luns. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.
A ximnasia de mantemento será os luns de 11:30 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:15 horas.
A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10:30 a 11:15 horas.
Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11:30 a 12:15 horas.
E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11:30 a 12:15 horas.
A inscrición debe facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.
A presentación oficial do curso 2023-24 da Escola Municipal de Música de Xove será o 29 de setembro.
Hoxe pola mañá, ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e ás 10:45 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón, cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos.
Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove. Os mesmos tiveron unha dobre finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.
Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
O vindeiro...
leer másO Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se desenvolverá desde outubro de 2023 ata maio de 2024.
A actividade iniciarase o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17:30 a 19:00 horas.
As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.
Xove acollerá a fin de semana do 29 de setembro ao 1 de outubro un obradoiro de performance sobre sustentabilidade e protección da auga. É para persoas que teñan entre 15 e 35 anos e as prazas son limitadas.
Esta actividade está organizada por Artefeito Produccións e será impartida por Lucho Penabade, de Os Quinquilláns.
Para obter máis información e inscribirse os interesados deben dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ata o 28 de setembro.