Prado de Morás

Etiquetas:
20/05/2025

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza unha actividade gratuíta de ioga ao aire libre para este sábado, día 24 de maio, ás 18:00 horas. Será impartida por Olalla Martínez no Prado de Morás (onde estaba a baleeira).

“Queres desfrutar dunha sesión de ioga gratuíta ao aire libre? Pois non perdas esta oportunidade. Lembra traer a túa esterilla”, anuncia o Concello de Xove.