O Concello de Xove organiza unha charla coloquio sobre saúde mental o venres 7 de novembro

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza unha charla coloquio titulada Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental. Será o venres 7 de novembro ás 20:00 horas no Salón de Actos de Xove. Intervirán María José Novoa (directora técnica xeral e xerente da Asociación Saúde Mental A Mariña) e Sonia Nogueiras (psicóloga clínica”.

“Despois da boa acollida da primeira sesión en maio, continuamos con esta segunda parte da man da Asociación Saúde Mental A Mariña, anuncia o Concello de Xove, que engade: “un espazo para seguir reflexionando e sensibilizando sobre a importancia da saúde mental”.