Convocado o cuarto concurso fotográfico “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”

Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o Concello de Xove convoca a cuarta edición do concurso fotográfico Cal é o teu lugar preferido de Xove? O obxectivo é “poñer en valor aqueles lugares do concello de Xove menos coñecidos”.

Hai tres categorías: ata 12 anos de idade; de 13 a 17 anos; e maiores de 18 anos. O prazo para a presentación das fotos está aberto ata o día 23 de maio ás 00:00 horas.

As bases poden consultarse na web www.xove.es.