Penasagudas, en Xove, celebra a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril

Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril, sábado e domingo. Está organizada pola asociación Cruz de Loureiro.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e continuación procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará, xunto ao grupo Fénix, o baile que terá lugar a partir das 17:00 horas. Tamén se levará a cabo un concurso de pasodobre e bachata.

E o domingo ás 10:00 horas comezarán unha ruta (andaina, cabalar ou ciclista). A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú y desde as 17:00 horas terá lugar un baile.

Os dous días haberá xantar e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 646.64.76.19. O prazo remata o día 8 de abril.

O Concello de Xove explica que esta festa é “unha celebración que conmemora as nosas raíces labregas e que cada ano gaña adeptos, pero, sobre todo, que transmite o cariño e a hospitalidade da xente de Penasagudas e da parroquia de Monte que a organiza”.