Exposiciones
O complexo cultural Regal Xunqueira, no concello de Viveiro, acolle a exposición fotográfica titulada Palabra e Memoria ata o día 12 de xuño. É unha mostra en imaxes sobre o incremento do uso do galego nas inscricións funerarias con fotografías da fotoxornalista Pepa Losada, María Mon Geada e Aida López.
A iniciativa de educación social Palabra e Memoria é unha exposición fotográfica que recolle diferentes epitafios de cemiterios da Mariña; inaugurada en Burela no mes de xuño de 2009, por iniciativa do cura Ramón Marful e con imaxes da fotoxornalista Pepa Losada, a mostra ampliouse con fotos de María Mon Geada e Aida López e percorreu varias localidades da Mariña antes de pasar polo Museo do Pobo Galego e polo Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.
Desde hoxe e ata o 13 de xuño a exposición Castelao e os irmáns da liberdade pasará polos centros de ensino de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe e mañá a mostra estará no CIFP Porta da Auga, os días 29 e 30 de maio pasará polo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xa en xuño os días 2 e 3 estará no Colexio Sagrado Corazón, o 4 e 5 no Ceip Gregorio Sanz e do 6 ao 13 estará instalada na Oficina de Turismo”.
A edil ribadense sinala que “a exposición está composta por 14 paneis de 85 x 200 cms, que desenvolven cronoloxicamente a vida e a actuación política e artística de Castelao. As fotografías son de José Luis Abalo”.
Esta obra multimedia de Xan Leira tamén inclúe proxeccións de documentais e coloquios. “O 15 de xuño ás 20 horas no Salón dos Alcaldes terá...
leer másA Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. Esta mostra, que estará na vila ata o 5 de xuño, foi inaugurada polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. No acto tamén participou o ex alcalde ribadense José Carlos Rodríguez Andina.
A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes.
Cara a 1880, a primeira...
leer másO Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, acolle ata o día 23 de maio a exposición titulada Os maragatos da porta de San Pedro. Está organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro e estivo anteriormente en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Monterroso, Mondoñedo e Lourenzá.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o segundo tenente de alcalde, Ángel Fernández; a técnica de Cultura, Pilar López, a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz , Ana Segade; e Xulio Xiz en representación de Egeria.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.
O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.
A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, inaugurará o día 2 de maio, venres, unha exposición fotográfica dos seus 50 anos de historia. Será a partir das 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo.
“Son 50 anos de cultura, de festividades, de viaxes e de anécdotas. Son 50 anos de historia e, por sorte, moita dela fotografada. Inauguramos unha pequena exposición de fotos que che fará recordar a vida de Cervo dende o 1975 ao 2025. E se ese día non podes asistir, atento porque iremos publicando días e horas nas que estará aberta ao público”, anuncia Airiños do Xunco.
A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro acollerá a partir do luns 28 de abril a exposición A banda de Paradela cumpre 150 anos, que organiza Egeria en colaboración coa Banda de Paradela e co patrocinio do Concello de Paradela e da Xunta de Galicia, e que estivo aberta anteriormente na Casa do Concello de Paradela e nas Bibliotecas de Lugo, A Coruña e Sarria. A exposición estará en Viveiro desde o 28 de abril ata o 8 de maio e será inaugurada o día 28 de abril ás 13:00 horas, coa presenza das alcaldesas de Viveiro e Paradela, Mariña Gueimunde e Montserrat Mulet.
A exposición está composta por 12 paneis roller de 2x1 metros, e nela faise un especial percorrido desde a fundación da Banda en 1873 ata o momento actual.
A Banda de Paradela celebrou en 2023 os seus primeiros 150 anos, con diversos actos e con...
leer másO auditorio municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, acolle desde este martes ata o día 25 de abril a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro. No acto de inauguración participaron Manuel Ángel Otero, alcalde de Mondoñedo; Félix Villares, deán da Catedral de Mondoñedo; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
A exposición, que poderá visitarse ata o 25 de abril, "está composta por doce paneis -en galego e castelán- e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e do seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes", explican os organizadores.
A exposición Xeración Líder está instalada na Praza do Concello de Burela e poderá visitarse ata o día 22 de abril.
O Concello de Burela anuncia que é “un percorrido visual por 1.000 publicacións de Líder, o suplemento da Voz de Galicia que leva case 20 anos recollendo a paixón polo deporte base lucense. Poderás visitala durante os vindeiros 15 días e descubrir as portadas máis icónicas, reivindicativas e emotivas do fútbol e baloncesto base da provincia. Non perdas esta homenaxe ao esforzo e ilusión de toda unha xeración”.
 
        











