Exposiciones

Etiquetas:
02/08/2024

O Museo do Mar de San Cibrao incorporou á súa exposición permanente unha espiña dun bonito de 48 quilogramos doada por Antonio Rey Otero, coñecido como “Ton”, histórico mariñeiro e armador de Foz.

A espiña, procedente dun exemplar de gran tamaño capturado entre as
costas de San Cibrao e Burela, pode verse na Sala 3 do museo , xunto a
restos doutras especies mariñas e obxectos relacionados coas artes e
aparellos de pesca.

Iria Castro agradeceu a xenerosidade de Antonio Rey Otero, sinalando que
"é un orgullo que unha persoa que viviu e coñece o mar e os seus oficios
como poucas decida legar esta peza ao Museo do Mar" e recordou o
"estreito vínculo do Museo coa comunidade xa que os seus fondos proceden
na súa maioría das persoas que cederon pezas, fotografías e a súa
memoria persoal ao Museo".

Renovación museográfica...

leer más
Etiquetas:
30/07/2024

O artista mariñán Otero Regal mostrará a súa exposición titulada “Esculpir o vento – Paisaxes” en Foz, concretamente no edificio do Cenima, desde este venres, 2 de agosto, ata o día 31 de mesmo mes.

A inauguración terá lugar este venres, 2 de agosto, ás 20:00 horas na sala de exposicións do Cenima, que está na Avenida da Ribeira, na vila focega.

Otero Regal conta con obradoiro propio de cerámica en Xunqueira (Viveiro). Impartiu cursos de raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España e realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados. Posúe obra en museos, fundacións e coleccións privadas de España, varios países europeos, Estados Unidos e Xapón. No ano 2011 recibiu o premio nacional de artesanía Promociona por parte do Ministerio de Industria.

30/07/2024

A exposición Galicia Imaxinada estará no Edificio Multiusos de Ourol esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Poderá visitarse, con entrada gratuíta, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

O Concello de Ourol explica: “dentro das actividades da Ruta Indiana este ano contamos coa exposición Galicia Imaxinada, cedida polo Consello da Cultura Galega. Esta mostra retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia. A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto coas habaneras Eco de Galicia y Tierra Gallega, entre outras”.

30/07/2024

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.

 

Etiquetas:
23/07/2024

A Xunta de Galicia entregou ao Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo unha antiga peza de cerámica descuberta nun xacemento da localidade no ano 2017. No acto, celebrado hoxe na Catedral, participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, entre outros.

O fragmento é parte dunha cunca e presenta no seu fondo un grafito con sete liñas incisas radiais, interpretadas como a representación dun Crismón arcaico, segundo figura na memoria da intervención. Neste sentido, constituiría o achado máis antigo indicativo da presenza do cristianismo en Mondoñedo.

Apareceu nunha escavación financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na zona dos Castros, na parte alta da área urbana de Mondoñedo, nun contexto habitacional con abundantes fragmentos de...

leer más
17/07/2024

O Concello de Cervo anuncia a nova mostra de Naufraxios da Costa da Morte que percorre o Paseo do Torno, en San Ciprián. Esta exposición, promovida por Suministros Lar, está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano para desfrute de veciños e visitantes.

A mostra pertence á novena edición do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", no que participan estudantes de secundaria e persoas usuarias das asociacións Apem e Aspabe, que “desde o ano 2006 que se puxo en marcha tivo moita aceptación, explorando cada ano diferentes...

leer más
Etiquetas:
16/07/2024

O próximo 18 de xullo terá lugar en Ribadeo a presentación do proxecto Argadelo. Será en dúas sesións: ás 11:30 horas no Centro de Día A Concordia e ás 20:30 horas na Escola das Anzas no que os asistentes compartirán cantos, risas e bailes. Argadelo é un proxecto que se desenvolveu en Vilaselán e nas Anzas, e promete ser un punto de encontro cultural e social para os veciños e visitantes da zona.

O venres, 19 de xullo, será a inauguración da exposición de acuarelas de Maite Díaz Castaño. A mostra, titulada “Imaxes de Ribadeo e a súa ría”, estará aberta ao público na Casa do Viejo Pancho, ata o 12 de agosto. A inauguración terá lugar este venres ás 19:00 horas.

Ese mesmo día dará comezo a exposición de fotografía de Fernando Páez. Dita mostra estará situada na sala de exposicións do Campo e poderá ser visitada ata...

leer más
Etiquetas:
08/07/2024

Este verán a Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acollerá unha nova e marabillosa exposición de pintura titulada “Da cor ao Xesto”, unha mostra de pinturas e tintas de Costafreda. A inauguración terá lugar o próximo venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de agosto.

A mostra incluirá uns 60 cadros de diferente formato, abarcando acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta, ofrecendo así unha variedade de estilos e técnicas para o deleite dos visitantes.

Como actividade complementaria, a artista impartirá un taller intensivo de pintura Zen sumi-é, promovido polo Concello de Cervo. Este obradoiro terá lugar os venres 26 de xullo e 2 de agosto de 19:00 a 21:00 horas.

A inscrición para o taller é gratuíta e pode realizarse na...

leer más
Etiquetas:
02/07/2024

Este martes, 2 de xullo, inaugurouse en Burela a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A Praza do Concello o acollerá ata o vindeiro 15 de xullo a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos  que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institucións culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio.

A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, acompañados polo tenente de alcalde de Burela, Mario Pillado, e pola concelleira de Cultura, Lina Gómez, inauguraron a mostra, que chega a Burela no marco dunha...

leer más
Etiquetas:
28/06/2024

O Concello de Foz promove “lecturas con orgullo” e mostra orgulloso as cores da bandeira LGTBI, que os edificios municipais mostran en balcóns e ventás.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, destaca que “o 28 de xuño é un día no que sentirnos orgullosos, no que debemos defender a igualdade para calquera, do xeito que se sinta, sexa ou queira ser.” Anuncia tamén que nos vindeiros meses se programarán diferentes actividades desde a área xa que “non só este día é o do orgullo senón que debemos sentirnos orgullosos sempre. E para iso o máis importante é educar nuns valores nos que prevalezan, por enriba de todo, a igualdade e o respecto”.

Dende a delegación de Cultura, no departamento de biblioteca, programouse unha mostra bibliográfica na que se expoñen libros para infantil e adulto sobre temática...

leer más