Exposiciones
A Biblioteca Municipal de Viveiro acolle a exposición ‘Date Conta’ para concienciar, sobre todo á poboación máis nova, sobre as actitudes relacionadas coa violencia machista, fundamentalmente no ámbito da parella.
Na inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo dar as grazas “a Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, por traer esta mostra a Viveiro”.
Ademais da alcaldesa e a subdelegada do Goberno, estiveron no acto a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, representantes doutros grupos municipais e María Luisa Castro, xefa da Unidade contra a Violencia da Muller da Subdelegación do Goberno de Lugo.
“As estatísticas reflicten un perigoso incremento das condutas machistas entre as persoas más novas, que moitas veces rematan en...
leer másA Oficina de Turismo acolle ata o 3 de outubro unha exposición fotográfica da Unidade Militar de Emerxencias.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, contou que “hoxe inauguramos a exposición itinerante Somos Soldados, da UME, Unidade Militar de Emerxencias, na oficina de turismo de Ribadeo. É unha exposición organizada pola UME, a súa Delegación de Defensa en Lugo e o Concello de Ribadeo. Estará aberta desde hoxe ata o 3 de outubro, de martes a sábado, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas”.
A edil ribadense explicou que “esta exposición fotográfica reproduce algunhas das actuacións máis importantes da Unidade Militar, tanto en territorio nacional como noutros países. Cada imaxe é un testimonio visual do esforzo incansable e do compromiso dos membros de UME por salvagardar a vida e o benestar dos cidadáns...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá unha exposición para conmemorar o 100 aniversario das súas Escolas Vellas. Co título “O legado dos nosos emigrantes”, poderá visitarse desde este mércores, 18 de setembro, ata o 18 de outubro de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Trátase da mostra itinerante Microespazo Mupega, do Museo Pedagóxico de Galicia, que recrea unha aula do pasado, coas súas dotacións de mobiliario e material didáctico.
Ademais haberá unha charla divulgativa sobre o 100 aniversario das Escolas Vellas de Burela. Será o 25 de setembro, mércores, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Participarán o catedrático de Historia da Educación Antón Costa Rico; o concelleiro de Educación en Burela, Mario Pillado Mon; e a presidenta da asociación de veciños O Vencello, Brixida Pino Lestao.
Estas...
leer másEste venres, día 6 de setembro de 2024, ás 19:15 horas na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro (Praza Maior, s/n), terá lugar a inauguración da mostra titulada “Heroínas de tódolos días”, unha serie de pinturas de Camino Casabella, acompañadas de textos, escritos tamén pola artista, organizada en colaboración co Concello de Viveiro. Poderase visitarse os días 6, 7, 13 e 14 de setembro.
En palabras de Camino Casabella: “esta é a miña homenaxe a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día. Decidín poñelas en primeiro plano, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro. A lista destas mulleres é diversa e infinita. Xente guapa coma Sinéad O'Connor, Carola Rackete, Rosa Parks, Fernanda Arrojo ou Vero Boquete, entre moitas outras. A súa resistencia fronte a actitudes...
leer másO Concello de Viveiro convoca a persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos para realizar un mural co artista Raúl de Carmen do 9 ao 15 de setembro.
O Concello explica que “Viveiro acollerá a realización do mural Cando o río soa, de Raúl de Carmen. A obra resultou gañadora do concurso de murais People and Planet, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e Viveiro foi o concello elixido para a súa realización. O artista solicita a colaboración da mocidade de entre 15 e 35 anos que queira participar nas sesións e aportar a súa visión. As mozas e mozos que teñan interese en participar poden inscribirse mandando un correo electrónico a xuventudeviveiro@gmail.com. As persoas participantes inmortalizarán, xunto a Raúl de Carmen, o mural “Cando o río soa” en Viveiro...
leer másRibadeo acolle este días exposicións artísticas de Ana Méndez na Sala do Campo e de José Manuel na Oficina de Turismo
Ata o día 1 de setembro, domingo, a Sala da Oficina de Turismo ribadense alberga unha mostra de pintura de José Manuel “Abeyeiro”, especialista en obras que reproducen animais.
E na Sala de Exposicións do Campo pode visitarse ata o 2 de setembro, luns, unha mostra de pintura ao pastel de Ana Méndez.
A exposición ao aire libre titulada “Os vieiros de Asorey” pode visitarse en Foz. Estará na praza do parque Martínez Otero ata o día 18 de setembro, como un dos actos programados para esta edición do Día das Artes Galegas 2024, que homenaxea ao escultor Francisco Asorey.
Está composta por catro módulos e comisariada polo académico e fotógrafo Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe Senén López Gómez, e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Foz e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Museo Provincial do Mar, en Cervo, acolle cinco novos elementos que serviron como ferramentas de traballo a María del Carmen del Río Martinez, percebeira en Rinlo, Ribadeo. A doante, que participou na mostra “Mariñas, Marosas e Maruxainas” que contaba a historia de 16 traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña, permite así coñecer o seu oficio a todas as persoas que visiten o espazo provincial.
O material está formado por cinco elementos. Por unha banda están tres utensilios como dispondas e o gancho para coller o percebe e, por outro están o gancho e o saco que se atan á cintura para a recollida deste crustáceo. Esta doazón ven a complementar o traballo das fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de...
leer másO Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.
O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.
Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.
"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha...
leer másRibadeo acoge en este mes de agosto exposiciones artísticas en La Casa de El Viejo Pancho y en la oficina de turismo en este mes de agosto.
Desde el día 13 hasta el 23 la oficina de turismo alberga una muestra titulada “Mixturas ribadenses”, que incluye pintura, fotografía y poesía. Sus autores son Josequín Milans y Manuel Parga.
Y en la Casa de El Viejo Pancho podrá visitarse del 14 al 24 de agosto la exposición fotográfica de Lourdes Casas titulada “Insomnio 43º32’14”N 7º02’35”O”.