A exposición “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller” será presentada o 7 de marzo na Praza do Concello mindoniense

O panel da exposición titulada A Historia de Mondoñedo leva nome de muller será presentado o día 7 de marzo, venres, durante os actos organizados polo Concello mindoniense para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Será ás 12:00 horas na Praza do Concello.

E ás 12:15 horas terá lugar a lectura da declaración Mondoñedo en Igualdade.

Ademais o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Mondoñedo ten en marcha o concurso Debuxando en Igualdade, para o cal o prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 7 de marzo.