Pilotos
O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta tarde en Viveiro a terceira edición do Rally da Mariña, que se disputará do 10 ao 12 de setembro nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
A carreira, que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Vicepresidencia da Deputación, constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca. O...
leer más