
Este pasado venres, 20 de novembro, inaugurouse unha exposición de arte local en Ribadeo. Atópase na cafetería-pastelería Pan de Limón, onde poderá visitarse ata o día de Reis, 6 de xaneiro de 2027. A artista responsable das obras é Lucía Ferro, quen elaborou unha serie de prints baseados en debuxos orixinais de animais entre os cales se atopan unha abella, unha cabra ou unha curuxa. A temática vese reflectida no título da colección, Prints da Nai Natureza, que “pretende redirixir a atención da humanidade cara o entorno que nos rodea e os habitantes non-humanos cos que o compartimos. Cada unha das ilustracións está enmarcada e dispoñible para mercar. Os interesados poden contactar a través do local ou da páxina web da propia autora”.
Lucía Ferro é “unha artista multidisciplinar xa coñecida na contorna polas súas obras literarias”. E no que á arte gráfica se refire, Ferro “emprega tan só un rotulados e cartolinas sobre as que fai trazos pequenos deténdose nos detalles que o contraste nos pode ofrecer. Fai cousa de catro anos que comezou a tomar o debuxo en serio e hoxe séntese orgullosa de poder expoñer a súa obra nun lugar tan acolledor”.


