Charlas

Etiquetas:
17/12/2024

O ciclo comeza o vindeiro venres, 20 de decembro, cunha conferencia – coloquio no CENIMA, de Foz, ás 19:30 horas, co título de “Verdugos invisibeis e vítimas coñecidas”, na que o catedrático de historia contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, falará dun asunto incómodo, dun pasado incómodo e dun enfoque incómodo: “Levamos tres décadas ocupándonos das vítimas das matanzas, pero non dos verdugos. Algúns historiadores iniciamos hai uns anos o xiro perpetrador para identificar as lóxicas dos verdugos, a razón da matanza que perpetraron ligada ao golpe; a súa identidade e as formas que tiveron de agocharse e difuminarse no relato, pero tamén borrando as pegadas do seu crime durante a ditadura…ata hoxe”. 

O Foro Social a Mariña entende que estamos a vivir nun tempo onde afloran relatos que pretenden dulcificar e mesmo ensalzar o réxime...

leer más
13/12/2024

A asociación Mariña Patrimonio organiza para o luns 16 de decembro unha conferencia na que o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña. A conferencia terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos do CENIMA (Foz).

O citado proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.

10/12/2024

O día 19 de decembro, xoves, Barreiros será a sede do IV Consello Alimentario do Eo, un foro de diálogo e colaboración que reúne a organismos públicos, entidades privadas, especialmente produtores comprometidos coa calidade e coa promoción dun consumo responsable, e á poboación en xeral. Celebrarase nas escolas de San Cosme de Barreiros desde as 10:30 horas.

O Concello de Barreiros explica que “os obxectivos principais deste consello radican en fomentar a sustentabilidade, apoiar o uso de produtos locais e promocionar o noso territorio. Barreiros vén destacando polo seu compromiso e posta en valor dos produtos locais. Para elo estanse promovendo feitos coma os mercadiños estacionais con produtores da zona, achéganse premios compostos por produtos locais en eventos deportivos e culturais, tamén coa introdución de alimentos de proximidade na...

leer más
Etiquetas:
08/12/2024

O martes 10 de decembro terá lugar na antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), a partir das 18:30 horas, o último dos parladoiros do programa Vixía.

Con este proxecto o GALP A Mariña Ortegal quixo achegar a diferentes concellos desta zona costeira unhas xornadas de divulgación da súa estratexia local, co obxecto de reforzar o coñecemento do programa de axudas que xestiona en colaboración coa Consellería do Mar. Nesta andadura abordáronse diferentes temáticas: a trazabilidade e comercialización dos produtos pesqueiros a través de diferentes selos, a vinculación dos produtos do mar coa gastronomía, o desenvolvemento turístico sostible aproveitando os recursos da zona costeira e a valorización do patrimonio cultural ligado ao mar.

Nesta ocasión, a temática de referencia é a...

leer más
Etiquetas:
05/12/2024

A segunda edición do Foro Económico do Concello de Viveiro celebrarase do día 14 de decembro, sábado, desde as 11:00 horas na Sala Multiusos municipal.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza o II Foro Económico de Viveiro, unha cita fundamental para analizar o pasado, presente e futuro da economía de Viveiro e A Mariña, contando coa participación de expertos de recoñecido prestixio”.

Míriam Bermúdez destaca que o evento ofrece "unha oportunidade única para coñecer en profundidade a evolución económica de Viveiro e A Mariña, explorar novas estratexias de crecemento e fortalecer redes de colaboración na comarca".

A tenente de alcaldesa e a concelleira de Promoción Económica, Iria Cotelo, animan á asistencia dunha...

leer más
Etiquetas:
28/11/2024

A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Ribadeo o vindeiro 4 de decembro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo. 

Será no Salón dos Alcaldes do Concello ás 18:30 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.

E engade: “animamos a asistir a esta charla, que tendrá lugar el próximo miércoles en Ribadeo”. 

 

Etiquetas:
28/11/2024

O Concello de Cervo anuncia que “este próximo mércores, día 4 de decembro, ás 17:00 horas impartirase unha interesante charla na Sala Acristalada da Casa da Cultura, en San Ciprián, na que se afondará sobre a xestión das rabietas e os enfados das crianzas”.

Será impartida pola pedagoga e especialista en Intervención Familiar, Carolina García Chica.

Organiza Educando en Familia coa colaboración do Concello de Cervo.

 

25/11/2024

Este venres, día 29 de novembro, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, en Ribadeo, vai haber unha charla coloquio sobre a situación dos medios de comunicación e as relacións destes co poder en Galicia. Será impartida por Luis Álvarez Pousa, director da revista Tempos Novos e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Presentará o acto, Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, colectivo que organiza esta actividade.

24/11/2024

A Garda Civil impartirá unha charla sobre seguridade cidadá en Mondoñedo o día 27 de novembro, mércores. Será ás 11:00 horas no Centro Sociocomunitario.

Esta charla forma parte do Plan Maior de Seguridade, que está dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores.

É unha actividade organizada pola Garda Civil e o Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Sociocomunitario.

Etiquetas:
22/11/2024

O ciclo de charlas organizado polo Concello de Ribadeo e a Garda Civil para axudar a evitar estafas e contratempos no fogar e por Internet desenvolverase os días 25, 27 e 28 de novembro.

O luns 25 de novembro as charlas terán lugar ás 16:00 horas na Escola de Cinxe a ás 18:00 na Escola de Remourelle.

O mércores 27 de novembro será ás 16:00 horas na Escola Vella de Rinlo e ás 18:00 horas no Centro Social de Ribadeo.

E o xoves 28 de novembro celebraranse ás 16:00 horas na Escola de Cedofeita e ás 18:00 horas na Escola das Anzas.

“Non perdas esta oportunidade para aprender a protexer o teu fogar e a túa seguridade online!”, indica o Concello de Ribadeo.