Charlas
O mércores 12 de febreiro ás 11:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, será o escenario da obra No solo duelen los golpes, un monólogo autobiográfico da comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. Esta actividade, organizada polo CIM dentro do programa O Concello cos coles, está dirixida principalmente ao alumnado de 3º de ESO do IES Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, así como a estudantes de Formación Profesional do CIFP Porta dá Auga.
No solo duelen los golpes é un monólogo unipersoal con pinceladas de autoficción que narra a vivencia persoal de Pamela Palenciano na súa primeira relación de noivado, que se tornou violenta ao longo de seis anos. A través da súa experiencia, a autora conéctanos coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que...
leer másO Concello de Cervo organiza unha charla sobre a xestión emocional da enfermidade o día 11 de febreiro, martes. Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián.
O Concello de Cervo anuncia: “o próximo martes, día 11 de febreiro, temos programado un novo faladoiro de Charlando, dentro do programa Arruguiñas, aberto á poboación en xeral, no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión emocional da enfermidade. Será impartido pola coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández.
O martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.
Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.
A asociación Aspanane e Fademga Plena inclusión Galicia, organizan a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidan a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa.
O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.
Entre as ponencias cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade...
leer másA medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...
leer másSegue aberto o prazo de inscrición para participar nas xornadas formativas en turismo ornitolóxico, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A cita terá lugar do 10 ao 12 de febreiro no salón de actos do Centro Cívico de Xove. A formación é gratuíta e a inscrición debe realizarse na web https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia ata o 31 de xaneiro.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliña que “esta formación, aberta a todos os públicos, está dirixida prioritariamente a axentes do sector turístico público-privado e divulgadores ambientais. A iniciativa permite mellorar as súas capacidades para atender a demanda, así como desenvolver produtos turísticos atractivos e respectuosos coas especies e os seus hábitats contribuíndo así ao desenvolvemento local...
leer másA asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), anuncia unha charla sobre o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, para o día 7 de febreiro, venres, ás 16:30 horas no centro social Blanca Muruais.
“O venres 7 de febreiro ás 16:30 horas chega a Saldoira o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, no que se facilita unha Alexa ás persoas maiores de 65 anos”, anuncia o colectivo veciñal.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.
A Casa da Cultura do Vicedo acollerá a xornada titulada A Administración cerca de ti o día 13 de febreiro, xoves. Será entre as 10:30 e as 13:30 horas.
“¿Queres ter o certificado dixital no teu móbil? Moitas veces temos que presentar escritos nas sedes electrónicas das administracións e así poderás entrar directamente desde o móbil. Achégase unha nova edición da xornada da Administración cerca de ti. Nela poderedes informarvos dos servizos da Administración do Estado e como novidade este ano, asistirán técnicos do Servizo Público de emprego (SEPE) e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)”, anuncia a Casa da Cultura do Vicedo.
Para organizar o acceso establecerán quendas de 15 minutos e é necesario anotarse no teléfono 982.59.01.95 (Casa da Cultura do Vicedo).
O día 31 de xaneiro,venres, ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Viveiro terá lugar unha charla informativa sobre Agresións Sexuais e Violencia Sexual, dirixida á mocidade e impartida por Angélica Mercado, especialista en xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está enmarcada nas accións promovidas pola Consellería de Política e Igualdade, enfocadas na loita contra a violencia de xénero.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a charla abordarase a sensibilización e prevención de situacións de violencia sexual, un tema fundamental para a nosa sociedade. A participación de todos e todas é crucial para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.












