Charlas

Etiquetas:
06/02/2025

O Concello de Cervo organiza unha charla sobre a xestión emocional da enfermidade o día 11 de febreiro, martes. Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián.

O Concello de Cervo anuncia: “o próximo martes, día 11 de febreiro, temos programado un novo faladoiro de Charlando, dentro do programa Arruguiñas, aberto á poboación en xeral, no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión emocional da enfermidade. Será impartido pola coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández. 

Etiquetas:
31/01/2025

O martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.

Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.

Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.

30/01/2025

A asociación Aspanane e Fademga Plena inclusión Galicia, organizan a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidan a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa. 

O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.

Entre as ponencias cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade...

leer más
Etiquetas:
29/01/2025

A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo. 

Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.

E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...

leer más
28/01/2025

Segue aberto o prazo de inscrición para participar nas xornadas formativas en turismo ornitolóxico, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A cita terá lugar do 10 ao 12 de febreiro no salón de actos do Centro Cívico de Xove. A formación é gratuíta e a inscrición debe realizarse na web https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia ata o 31 de xaneiro.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliña que “esta formación, aberta a todos os públicos, está dirixida prioritariamente a axentes do sector turístico público-privado e divulgadores ambientais. A iniciativa permite mellorar as súas capacidades para atender a demanda, así como desenvolver produtos turísticos atractivos e respectuosos coas especies e os seus hábitats contribuíndo así ao desenvolvemento local...

leer más
28/01/2025

A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), anuncia unha charla sobre o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, para o día 7 de febreiro, venres, ás 16:30 horas no centro social Blanca Muruais.

“O venres 7 de febreiro ás 16:30 horas chega a Saldoira o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, no que se facilita unha Alexa ás persoas maiores de 65 anos”, anuncia o colectivo veciñal.

27/01/2025

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).

Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.

27/01/2025

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá a xornada titulada A Administración cerca de ti o día 13 de febreiro, xoves. Será entre as 10:30 e as 13:30 horas.

“¿Queres ter o certificado dixital no teu móbil? Moitas veces temos que presentar escritos nas sedes electrónicas das administracións e así poderás entrar directamente desde o móbil. Achégase unha nova edición da xornada da Administración cerca de ti. Nela poderedes informarvos dos servizos da Administración do Estado e como novidade este ano, asistirán técnicos do Servizo Público de emprego (SEPE) e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)”, anuncia a Casa da Cultura do Vicedo.

Para organizar o acceso establecerán quendas de 15 minutos e é necesario anotarse no teléfono 982.59.01.95 (Casa da Cultura do Vicedo).

Etiquetas:
22/01/2025

O día 31 de xaneiro,venres, ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Viveiro terá lugar unha charla informativa sobre Agresións Sexuais e Violencia Sexual, dirixida á mocidade e impartida por Angélica Mercado, especialista en xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está enmarcada nas accións promovidas pola Consellería de Política e Igualdade, enfocadas na loita contra a violencia de xénero.

O Concello de Viveiro anuncia que “durante a charla abordarase a sensibilización e prevención de situacións de violencia sexual, un tema fundamental para a nosa sociedade. A participación de todos e todas é crucial para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

21/01/2025

Foz acollerá a charla titulada O Primeiro Anuncio. Reto para o presente e o futuro da nosa Igrexa, a cargo do delegado episcopal para o Primeiro Anuncio da diocese de Santiago de Compostela, Javier García. Será o día 10 de febreiro, luns, ás 18:00 horas nos locais parroquias de Foz, que están na rúa Congostra do Cura, número 20, baixo.

Esta charla está incluída dentro das actividades da Escola Diocesana de Evanxelización, iniciativa da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.