Charlas
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un faladoiro titulado Coñece o teu ciclo menstrual. Será este venres, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos municipal.
Correrá a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M. “Neste taller María vainos proporcionar un autocoñecemento e unha visión positiva do ciclo menstrual da muller, para deste xeito poder obter ferramentas para xestionar o seu ciclo, entendendo cal é a normalidade e o que non é”, explica a organización desta actividade.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Subdelegación do Goberno de Lugo, vai a levar a cabo unha sesión informativa de asesoramento en trámites e xestións máis habituais así como na obtención do certificado dixiltal e clave permanente para poder relacionarnos coas administracións públicas. Será este xoves, día 20 de marzo, no Salón de Plenos do Concello a partir das 10:30 horas.
“Nesta sesión contaremos con persoal da Subdelegación do Goberno de Lugo, do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Servizo Público de Emprego Estatal. Para poder participar nesta actividade deberán reservar a súa praza chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457”, explica o Concello de Ourol.
Este venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional.
Desenvolverase no centro sociocomunitario de 18 a 20 horas. Haberá servizo gratuíto de lecer simultáneo para as crianzas.
Estes encontros son un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias. Están organizados pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Os Encontros de Familias seguirán o 28 de marzo e o 4 de abril.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres, 21 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX.
Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, ven de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982), onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.
O Concello de Xove, desde o Departamento de Servizos Sociais, segue coas actividades dentro do programa En Xove marzo é o mes da muller e este venres, día 14, ás 19:00 horas no salón de actos municipal terá lugar unha charla que leva por título Alimentación nas distintas etapas da muller. Será impartida pola dietista Saray Río, especialista en nutrición clínica e educación nutricional e fundadora da web www.nutretuplato.es.
“Nesta charla Saray vainos ensinar a adaptar a alimentación segundo as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos”, explica o Concello de Xove.
O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.
Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...
leer másSaldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.
La asociación cultural Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza su charla anual sobre mujer y salud este viernes, día 14 de marzo, a las 20:00 horas en la Casa da Xuventude mindoniense. En esta ocasión el tema es Osteoporosis: claves desde la ginecología y la impartirá el doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo del Hospital Público da Mariña Lucense.
“Este mes de marzo celebramos el Día Internacional de la Mujer y este año abordamos el tema de la osteoporosis, muy frecuente a una determinada edad en las mujeres”, explica la asociación Sendeiriña, que para esta actividad cuenta con la colaboración del Concello de Mondoñedo.
O mércores, 12 de marzo, ás 19:30 horas no Salón de actos da Escola Municipal de Música de Ribadeo, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia–coloquio titulada: “A represión franquista contra as mulleres“ a cargo de Montse Fajardo Pérez, xornalista e escritora.
A conferencia abordará a represión vivida polas mulleres tras o golpe de Estado do 36 en Galiza, onde, é fundamental lembrar, non houbo “guerra” senón un brutal xenocidio sobre o bando perdedor. A diferenza do ocurrido noutras zonas do Estado, as vítimas no noso territorio non pereceron nun campo de batalla, senón que foron asasinadas e sobre elas botouse un manto de silencio que foi especialmente gravoso nas mulleres.
As mulleres non só se viron afectadas polos mesmos tipos de represión ca os homes – foron asaninadas, encarceradas, depuradas ou...
leer másO Concello de Cervo anuncia que o martes 11 de marzo, dentro do programa Arruguiñas Charlando, haberá un faladoiro “no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión do duelo e a perda, impartido pola coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda Susana Vázquez Fernández”.
Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, de San Ciprián. E a continuación da charla as persoas asistentes compartirá un chocolate.












