Charlas

20/10/2025

O Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá unha charla sobre as velutinas este venres, día 24 de outubro, ás 20 horas.

É unha actividade organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que explica que “As Lambiscadas Científicas son charlas de divulgación científica para público xeral. Teñen unha duración aproximada dunha hora ou hora e media e realízanse a través de asociacións e colectivos locais. Están impulsadas por XuvenLab, en colaboración coa Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo, dentro do proxecto Ciencia á Feira financiado pola FECYT. Trátase dun proxecto interxeracional, comunitario e itinerante, que leva o coñecemento científico a lugares onde habitualmente non chega, e sempre en diálogo coas realidades locais. E no noso caso escollemos...

leer más
19/10/2025

O mestre Manuel Dios Diz, que foi director da Fundación Cultura de Paz en Galicia, ofrecerá en Ribadeo a charla titulada Cultura de paz en tempos de guerra e xenocidio. Será o día 23 de outubro, xoves, ás 19:30 horas no salón de actos da Escola Municipal de Música ribadense.

É unha actividade organizada polo Foro Social da Mariña.

Etiquetas:
19/10/2025

O Concello de Viveiro organizará o luns 27 de outubro o obradoiro titulado Como se fai unha película?, unha charla práctica pensada especialmente para persoas maiores de 55 anos. Terá lugar ás 18.30 horas na Sala Multiusos. A actividade será impartida por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya á Mellor Película de Animación, por O bosque animado (2002) e O soño dunha noite de San Xoán (2006).

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, explica que “esta proposta busca achegar o mundo do cine dun xeito ameno e participativo, ofrecendo unha experiencia cultural distinta e adaptada a un público que merece novas oportunidades para aprender, compartir e gozar da creatividade”.

Durante a sesión as persoas participantes poderán descubrir como se crea unha película desde dentro, coñecer técnicas básicas...

leer más
Etiquetas:
18/10/2025

O programa CON-VIVINDO, de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Viveiro, organiza unha charla “para visibilizar a soidade non desexada das persoas maiores e promover a participación cidadá a través do voluntariado”. Será o xoves 23 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro explica que “este programa busca previr o illamento social das persoas maiores, creando vínculos de confianza e benestar mediante encontros periódicos e seguros, baseados na escoita activa, o bo trato e a empatía” e anima “a participar e a coñecer como o voluntariado pode transformar vidas!”.

Etiquetas:
16/10/2025

Técnicos especialistas en medio ambiente formarán aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal de Barreiros. O día 21 de outubro, martes, realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme (ao lado do Concello) ás 19:00 horas. Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.

O Concello de Barreiros explica que “esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia,  a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros. Os veciños e veciñas que non se inscribiran e aínda estean...

leer más
Etiquetas:
10/10/2025

Os días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjujro, explicou que “os días 17 e 18 de outubro, organizadas polo Concello, dentro das actividades de Ribadeo cara o Mar, levarase a cabo a primeira Xornada arredor do Forte de San Damián, un encontro divulgativo que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da nosa vila”. 

A edil ribadense contou que “o programa consta de 4 sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da ría de Ribadeo”. 

Sanjurjo dixo que “...

leer más
Etiquetas:
07/10/2025

Viveiro acollerá unha charla da Policía Nacional sobre seguridade para os maiores. Será este mércores, día 8 de outubro, ás 16:30 horas na Aula CEMIT, que está nos Claustros de San Francisco.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFA) de Viveiro e a Policía Nacional invítanlles a unha charla informativa sobre o Plan Maior Seguridade. Esta é unha excelente oportunidade para aprender a previr situacións de risco e protexerse fronte a delitos comúns. Temas a tratar: Roubos en domicilios e entidades financeiras, estafas, furtos, e resolución de dúbidas de interese para o día a día”.

Etiquetas:
05/10/2025

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá unha charla sobre como vender a través de WhatsApp. Será o día 7 de outubro, martes, de 19:00 a 21:00 horas.

O Concello da Pontenova anuncia: “atención emprendedores e autónomos da Pontenova! Queres aprender a vender de maneira doada, rápida e segura a través de WhatsApp? Convidámoste á charla de balde Vender a través de WhatsApp seguro, onde descubrirás como aproveitar esta ferramenta para facer medrar o teu negocio sen riscos. Non perdas esta oportunidade para impulsar as túas vendas e protexer o teu emprendemento. Charla gratuíta organizada polo GDR3. Non perdas esta oportunidade!”

22/09/2025

A asociación Terras de Miranda, coa colaboración do Concello de Burela, organiza unha charla informativa sobre comunidades enerxéticas este mércores, día 24 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos municipal. A entrada será libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

O Concello de Burela explica que o obxectivo desta iniciativa é “achegar á cidadanía o concepto das comunidades enerxéticas e dar a coñecer as súas vantaxes. Así durante a sesión explicaranse todas as oportunidades que ofrecen para a explotación dos recursos locais, os beneficios económicos e ambientais que supoñen, así como os pasos necesarios para poñer en marcha este tipo de proxectos. Dita actividade enmárcase no programa ‘Impulso CERES’, que está a desenvolver charlas informativas en distintos puntos da provincia de Lugo. Este programa é promovido pola...

leer más
17/09/2025

O colectivo Mariña Patrimonio convida a todas as persoas interesadas a participar no acto público de presentación das escavacións arqueolóxicas que se están a realizar en Santo Estevo do Ermo, no municipio de Barreiros. A cita será este xoves, día 18 de setembro, ás cinco da tarde.

“Durante a visita os arqueólogos responsables da intervención explicarán o traballo realizado estes días e amosarán os principais achados. Con este encontro preténdese compartir cos asistentes os avances da investigación e destacar a importancia de Santo Estevo polo seu valor patrimonial e arqueolóxico”, explica Mariña Patrimonio.

A intervención arqueolóxica está promovida por Mariña Patrimonio, co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Barreiros. Tamén participan a Eira da Xoana-ADEGA...

leer más