Barreiros acolle este venres, 12 de decembro, unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas no Feal da Paula e no castro de San Bartolo

Barreiros acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 19:00 horas unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas realizadas no Feal da Paula e no castro de San Bartolo.

“Nas últimas semanas estiveron realizándose escavacións arqueolóxicas no Feal da Paula (San Miguel) e na zona do San Bartolo. Para coñecer os resultados das sondaxes e incluso ver algún dos restos atopados nas zonas escavadas, o equipo arqueolóxico organiza unha charla explicativa aberta ao público. Así que se tes curiosidade por saber que se esconde (arqueoloxicamente falando) na nosa costa, achégate o venres 12 de  decembro ás escolas unitarias de San Cosme (a carón do Concello) ás 19:00 horas. Non perdas a oportunidade de aprender un chisco máis sobre a nosa historia!”, anuncia o Concello de Barreiros.