mesa redonda
A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, anuncia que “nace a Rede de Saúde Local de Foz, unha alianza entre o Concello, os centros educativos públicos de Foz e o Centro de Saúde da mesma localidade, promovida pola Rede Galega de Promoción da Saúde. Esta rede nace como un espazo de colaboración estable e coa vontade de fomentar accións comunitarias e coordinadas destinadas a mellorar a calidade de vida e da veciñanza, entendendo a saúde como un concepto amplo que inclúe non só o aspecto físico, senón tamén o emocional, social e ambiental. Como primeira acción pública, a Rede de Saúde Comunitaria organiza a conferencia Desmontando bulos machistas nas redes, que se celebrará o día 14 de novembro ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Foz. Será impartida por Sandra Piñeiro Vilas (presidenta da Audiencia Provincial); Dalila Pazos (maxistrada da Sala do Social nº3 de Lugo) e...
leer másA FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza unha mesa redonda este xoves, 18 de setembro, para facer balance turístico do verán. Será no Cenima, en Foz, ás 19:30 horas. Intervirán: José Carlos Paleo, presidente de Acia Foz; Jorge Orosa, vicepresidente de Acia Burela; Isabel Méndez, xerente do CCH Viveiro; Carmen Cruzado, presidenta da FCAM; Alejandro Balseiro, CEO do Hotel Urban; Belén Prado, CEO de Cámping Rinlo Costa; Andrea Rodríguez, CEO de Apartamentos Casa Fandín; Paloma Vázquez, xefa de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; e Fran Cajoto, alcalde de Foz.
“Queremos entre todas e todos facer un balance turístico do que foi este verán que está a piques de rematar e que nos deixa cifras e imaxes para o análise e a reflexión”, sinala Carmen Cruzado.
O acto é aberto ao público.




