Publicaciones
O día 20 de febreiro, venres, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro titulado Espiritualidad no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova.
O coordinador da publicación, Pepe Vázquez Peinó, explica: “teño que agradecer a inestimable axuda de Rocío Oliva e o seu constante compromiso coa cultura e as actividade comunitarias na organización deste evento. Tamén debemos mostrarnos especialmente agradecidos ao Concello da Pontenova por cedernos o acolledor espazo da Casa da Cultura para dar a coñecer a obra que presentamos. O libro Espiritualidad, obra de oito autores, entre os cales me atopo eu como coordinador, é unha reflexión longa e profunda sobre a parte inmaterial do ser humano, organizada desde o principio reitor da empatía, o respecto e a busca común de xente de diversas orientacións espirituais....
leer másO programa de educación rural da Vicepresidencia a Deputación de Lugo Da Escola á Granxa medra cun novo material lúdico e didáctico, o Xogo da Pita Choca.
O deputado de Rural, Daniel García, presentou este sábado no Pazo de San Marcos este novo recurso, nun acto que contou coa presenza de asociacións de nais e pais que participaron no programa, coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo, Cristina López; e con Leticia Gutiérrez; tesoureira da Federación Provincial de Anpas de Lugo, que vén colaborando desde o inicio na organización do programa.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “O Xogo da Pita Choca, deseñado por Inés López Penelas, de Inpe, e Cristina Rodríguez, de ZZ Design, conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas, ilustradas con animais e ...
leer másA Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá) acollerá este sábado, día 24 de xaneiro, ás 12:00 horas a presentación da banda deseñada de Cristian F. Caruncho titulada O día de San Martiño.
Con esta obra Cristian F. Caruncho gañou no ano 2023 o Premio Castelao de Banda Deseñada.
Viveiro será escenario o sábado 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, da presentación do libro titulado Fábrica de Chavín. Trátase dunha obra de Manuel Lage dedicada a José Barro, “empresario galego que foi pioneiro nos inicios da industria da automoción no século XX. A súa traxectoria resulta clave para comprender os primeiros pasos do sector en Galicia e a súa conexión con outros focos industriais”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “o acto contará coa presenza de Manuel Lage, que compartirá as claves da obra e ofrecerá unha introdución sobre a vida e o traballo de José Barro, así como do contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares”.
Manuel Lage Marcos é doutor en Enxeñaría Industrial e de motores. Conta cunha longa traxectoria profesional en postos de...
leer másValín Libros presentará en Ribadeo a reedición facsímile da publicación titulada Historia fin de siglo: descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo con las biografías de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX, do médico Antonio Correa Fernández, unha obra publicada en 1900 con financiamento da Deputación Provincial e editada pola Tipografía de A. Villamarín (Armañá, 2, en Lugo). A presentación será este sábado, día 17 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho ás 12:00 horas. Intervirán Martín Fernández Vizoso, xornalista e escritor; Luis Emiliano Correa Fernández de Carrascosa, neto do autor, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor do libro.
No 125 aniversario da publicación de Historia fin de siglo, Valín Libros saca á rúa a edición facsímile desta “...
leer másA igrexa de Santa María de Valdeflores, en Vilanova de Lourenzá, acollerá a presentación dun libro sobre os seus órganos. Será este sábado, día 10 de xaneiro, ás 19:45 horas.
A asociación Patrimonio Laurentino explica que os autores desta publicación, titulada Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro, son os especialistas nesta temática Belén Bermejo López e Andrés Díaz Pazos e salienta que os órganos da Igrexa de Lourenzá “destacan tanto polas súas características como pola conservación de compoñentes orixinais. Este sábado 10 terá lugar unha presentación en Lourenzá dun libro na que poderemos coñecer moitos máis datos destes exemplares únicos”.
Entregaranse exemplares do libro de balde aos asistentes á presentación.
O profesor, escritor e músico César Morán Fraga presentará a súa obra titulada O eco das ondas. Caminhos arredor da música, libro publicado o pasado ano 2025 pola editoral Medulia. O acto será o mércores 7 de xaneiro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Mondoñedo.
Na presentación o autor estará acompañado pola violinista e xestora cultural Rebeca Maseda Longarela.
A lo largo de los próximos doce meses el calendario 2026 de la OPP-7 vuelve a promocionar los 12 Pescados Capitales del puerto de Burela, en una acción cofinanciada por Xunta de Galicia y FEMPA, incluida en el plan de producción y comercialización anual de la OPP con el objetivo de contribuir a la trazabilidad de los productos de la pesca y al acceso de los consumidores a información clara y completa.
La OPP-7 Puerto de Burela explica que “en el calendario se destaca el liderazgo de Burela en muchas de estas especies, ya que, además de primera lonja de Europa en merluza del pincho, ABSA es primera lonja de Galicia en ventas y descargas de bonito del norte, bertorella, caballa, cabra de altura, palometa roja y mero; además de otras especies como el salmonete de roca, el sable negro o la maruca, que no aparecen en el almanaque....
leer másO libro titulado Espiritualidad, escrito en base a reflexións de oito persoas de orientacións relixiosas diferentes sobre o tema do espírito, presentarase en Lourenzá (no salón de actos municipal) este sábado, día 27 de decembro, ás 18:00 horas.
Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico); David Val Pena (idealista espiritual); Omar Choraifi Salmi Saidi (musulmán); Carlos Matías Nicieza García (ateo materialista); Eugenia Iglesias Flórez (visión holística); Vicente Míguez Salgueiro (cristián); Arturo Fernández Fernández (budista) e José Vázquez Peinó (coordinador).
O vindeiro venres, 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Valadouro, terá lugar a presentación de Catro escritores do Valadouro, o caderno número 17 do SEVA.
O colectivo cultural divulga un traballo sobre a traxectoria literaria dalgúns escritores representativos da comarca do Valadouro, así o caderno número 17 versa sobre semblanzas e obras de Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes.
Lourenzo, Ferreira e Pisón, amais de contar con numerosa obra propia publicada, son coautores de Contos do Valadouro (colección de contos e lendas publicadas en tres edicións diferentes desde 1998 até a actualidade por editoras comerciais), Arqueoloxía do Valadouro (obra sobre o patrimonio arqueolóxico publicada pola Deputación en 2010) e Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico Artístico do...
leer más












