Publicaciones

Etiquetas:
11/03/2025

A Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.

Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.

Etiquetas:
26/02/2025

Despois de ter unha primeira convocatoria este curso, o pasado trimestre, o martes 18 de marzo ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club de lectura en lingua galega da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo. Será para falar sobre o libro Resaibo amargo, o primeiro dos publicados da escritora Lucía Ferro. A xuntanza terá lugar na biblioteca do centro.

O club está aberto non só á xente relacionada coa EOI senón tamén a calquera persoa interesada. Nesta nova edición, ademais, participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo ano.

Ademais de nas librarías, esta publicación está dispoñible tanto na EOI como nas bibliotecas públicas da contorna.

O cartel realizado para a ocasión conta cun código QR para aproximarse...

leer más
25/02/2025

O Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.

“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.

18/02/2025

O profesor e investigador Francisco Peña presentará o seu novo libro sobre saúde ambiental en Viveiro este xoves, 20 de febreiro, ás 20:00 horas; e en Ribadeo ao día seguinte, o venres 21, á mesma hora.

O Concello de Viveiro anuncia que “o 20 de febreiro a Sala Multiusos do Concello acollerá a presentación do novo libro de Francisco Peña, titulado Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: Las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI, unha obra que afonda na relación entre o medio ambiente e a saúde, temática na que o autor é un dos grandes referentes. Presidirá o acto a alcaldesa, María Loureiro García, e no evento o profesor Eleuterio Martínez Alcántara, científico de prestixio en América, intervirá por videoconferencia tras presentar a obra. Ademais o profesor Francisco Peña analizará o contido dos...

leer más
18/02/2025

O Concello de Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que “pretende fomentar a lectura e a interacción social entre crianzas e persoas adultas. As actividades estarán coordinadas por Antía Yáñez, escritora mariñá de referencia”. As actividades darán comezo o sábado 22 de febreiro coa presentación do club de lectura e o primeiro dos biblioencontros, dirixido neste caso a crianzas de educación primaria que estará relacionado co Día de Rosalía.

O club de lectura estará dirixido a maiores de 16 anos e contará con 20 prazas con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Barreiros. A inscrición pode realizarse na biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas.

O concelleiro Daniel García resalta: “con estas actividades seguimos apostando pola...

leer más
14/02/2025

O día 22 de febreiro, sábado, ás 18 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros a historiadora mariñá Alba Díaz Geada compartirá nunha roda con labregos e labregas o seu traballo de investigación, no que recolleu testemuños de historia oral nos que se dá conta de estratexias de sobrevivencia e solidariedade labrega. Anúnciao o Concello de Barreiros, que engade: “o acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria”.

Colaboran nesta actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.

04/02/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que o venres 28 de febreiro representantes da Editorial Galaxia recibirán a distinción á entidade como Cunqueiriana de Honra deste 2025. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas e a laudatio da entidade distinguida correrá a cargo de César Cunqueiro. Deste xeito a Editorial Galaxia converterase na novena proposta homenaxeada dende que se instituíu este galardón.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros ou entidades que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense. Neste 2025 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, quixo recoñecer con esta distinción o vencello...

leer más
03/02/2025

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 7 de febreiro, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro titulado Entre nós e o Eo, de Beatriz Pin e Antón Cando.

Neste acto tamén intervirá María Cando, para falar da toponimia da zona.

03/02/2025

A escritora Lucía Ferro presentará o seu poemario titulado Laídos Cardíacos cun recital musicado que terá lugar en Barreiros este venres, día 7 de febreiro.

Este acto será no Bar Moderno, de San Cosme de Barreiros, ás 17:00 horas.

13/01/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, poderemos asistir á presentación da novela Entre a vontade e o destino (segunda parte da súa triloxía Banu Marwán: a estirpe do galego) de Xosé Henrique Costas. Presentará ao autor o noso compañeiro e amigo da ACFL Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)”.

Sobre esta publicación explica que “nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade...

leer más