Publicaciones
O venres 6 de marzo ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) organiza un novo acto literario: a presentación do libro titulado Conventículo, de Eva Moreda. Presentará o acto Farruco Graña, presidente da ACFL, e intervirán Javi Gómez, crítico literario, e Eva Moreda
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “Eva Moreda volve ao Ribadeo que a viu medrar para presentar o seu novo libro, Conventículo. Se queremos coñecer un pouco máis desa nena que visita a súa media irmá (estudante en Gran Bretaña) para ver como lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas van atopar novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo, este venres seis de marzo é unha ocasión excelente dialogando coa propia autora desta historia. Conventículo é...
leer másO libro titulado Literatura insólita, de Armando Requeixo, será presentado este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.
É un acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro e, ademais do autor da publicación, intervirán o escritor Xoán Neira e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo.
Este viernes, día 27 de febrero, de 17:00 a 19:00 horas tendrá lugar en el Aula Universitaria de la UNED en Viveiro la presentación del poemario titulado Vestidos de Organdí, de Pura Tejelo Núñez, que es profesora de Lengua y Literatura.
El Aula Universitaria de la UNED en Viveiro anuncia que “la actividad consistirá en la presentación del poemario y declamación de fragmentos de Vestidos de Organdí, de Pura Tejelo (publicado por Belagua Ediciones en 2024), conversando sobre su proceso creativo y destacando los temas que se exploran en la obra sobre cuestiones existenciales de nuestro tiempo, como la naturaleza de la vida, la muerte, la transitoriedad, los migrantes, los exiliados, los nuevos pobres, los desfavorecidos… También se analizará el lenguaje empleado por la autora, que se caracteriza por entrelazar lo asiduo con...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que “a escritora Abril Camino chega a Viveiro para presentar o seu último libro, Mulleres que viven xuntas, unha novela que fala de vínculos, convivencia e historias compartidas”. Será este venres, día 27 de febreiro, ás 19:00 horas no salón de actos da Biblioteca de Viveiro.
“Un encontro coa literatura contemporánea galega nun espazo para a reflexión e o diálogo”, explica o Concello de Viveiro.
O escritor Armando Requeixo presentará o seu libro titulado Literatura insólita este xoves, día 19 de febreiro, en Mondoñedo. Será ás 11:00 horas no salón de actos do IES San Rosendo.
Ademais do autor no acto participarán o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide, e o crítico literario e profesor do IES San Rosendo Javier Gómez Vázquez.
O escritor Manuel Esteban falará da súa novela, titulada A lei do mar, en Foz, Alfoz e Barreiros o venres 20 e o sábado 21 de febreiro.
Este venres, día 20 de febreiro, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Manuel Esteban, nun coloquio no que falará sobre a súa última novela: A lei do mar. Este coloquio está organizado polo Club de Lectura A carón dos libros e é aberto para todo aquel que queira asistir.
Ademais Manuel Esteban visitará o club de lectura de Alfoz, o mesmo venres 20 pola tarde, e o sábado 21 ás 12:00 horas estará no club de lectura de Barreiros, ámbolos dous actos organizados polos respectivos Concellos, anuncia Libraría Bahía, que explica: “a novela lévanos dos escenarios pandémicos en España ata a terrible realidade da xente que procura chegar ás costas europeas...
leer másA Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) anuncia que a presentación do libro Andares (unha escolma de artigos da sección periodística Tía Manuela), autoría do xornalista Luís Celeiro Álvarez, terá lugar o venres día 27 deste mes de febreiro ás 19:00 horas na biblioteca pública municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, de Ribadeo.
No acto intervirán: Begoña Sanjurjo Santar, concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade en Ribadeo; Xosé María García Palmeiro, periodista, presidente de APECSA e autor do limiar do libro; o xornalista Javier Rivera Ponte; e o autor da publicación, Luís Celeiro Álvarez. A entrada será libre.
O día 20 de febreiro, venres, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro titulado Espiritualidad no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova.
O coordinador da publicación, Pepe Vázquez Peinó, explica: “teño que agradecer a inestimable axuda de Rocío Oliva e o seu constante compromiso coa cultura e as actividade comunitarias na organización deste evento. Tamén debemos mostrarnos especialmente agradecidos ao Concello da Pontenova por cedernos o acolledor espazo da Casa da Cultura para dar a coñecer a obra que presentamos. O libro Espiritualidad, obra de oito autores, entre os cales me atopo eu como coordinador, é unha reflexión longa e profunda sobre a parte inmaterial do ser humano, organizada desde o principio reitor da empatía, o respecto e a busca común de xente de diversas orientacións espirituais....
leer másO programa de educación rural da Vicepresidencia a Deputación de Lugo Da Escola á Granxa medra cun novo material lúdico e didáctico, o Xogo da Pita Choca.
O deputado de Rural, Daniel García, presentou este sábado no Pazo de San Marcos este novo recurso, nun acto que contou coa presenza de asociacións de nais e pais que participaron no programa, coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo, Cristina López; e con Leticia Gutiérrez; tesoureira da Federación Provincial de Anpas de Lugo, que vén colaborando desde o inicio na organización do programa.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “O Xogo da Pita Choca, deseñado por Inés López Penelas, de Inpe, e Cristina Rodríguez, de ZZ Design, conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas, ilustradas con animais e ...
leer másA Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá) acollerá este sábado, día 24 de xaneiro, ás 12:00 horas a presentación da banda deseñada de Cristian F. Caruncho titulada O día de San Martiño.
Con esta obra Cristian F. Caruncho gañou no ano 2023 o Premio Castelao de Banda Deseñada.












