Publicaciones
Este xoves, día 29 de maio, ás 20:30horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, presentarase a novela xuvenil Cartas na escuridade, de Lois Pérez, escritor vinculado á vila ribadense que agora está afincado en Lugo.
O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “este relato xuvenil levou o premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno”.
Teresa González Piñeiroa (profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) vai conducir a presentación, na que participará Lois Pérez.
O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro titulado El rey de los jíbaros este domingo, día 25 de maio, en Viveiro. O acto, no que o autor estará acompañado pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, será ás na Sala Multiusos da Casa do Concello ás 12:00 horas. A continuación Suso Martínez fará un paseo guiado polos lugares de Viveiro, actividade para a que hai que anotarse a través do correo electrónico xesusmartinez@gmail.com
El rey de los jíbaros é unha novela histórica que foi publicada por Eoditorial, que explica: “a historia é un rico tapiz de narracións persoais e históricas, que mestura a vida dos individuos coas forzas sociais e económicas máis amplas da Cuba e a Galicia do século XIX. Destaca as brutais realidades da escravitude, as loitas dos...
leer másO Concello de Cervo vén de poñer en marcha unha nova iniciativa cultural e educativa coa instalación dunha biblioteca ao aire libre no parque Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, en Cervo. Trátase dun proxecto bautizado como Libroteca e pensado para achegar a lectura a todas as idades e animar á veciñanza a compartir libros dun xeito sinxelo, accesible e sostible.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o parque en compañía do alumnado do CEIP de Cervo, que foron os que estrearon este novo punto de lectura cuxa idea partiu do propio centro, e máis concretamente de Lila, que foi docente no colexio e que se encargará de xestionar a Libroteca que foi moi ben acollida polos nenos e nenas, que desfrutaron da experiencia rodeados de natureza.
O funcionamento da biblioteca é moi sinxelo: calquera persoa pode deixar...
leer másO profesor Carlos Callón presentará en Ribadeo o seu libro titulado Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega. Será este xoves, día 22 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
Ademais do autor do libro, falará Dores Fernández Abel, da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora do acto, co que “seguimos a homenaxear ás nosas cantareiras”, di o colectivo ribadense.
O complexo cultural Regal Xunqueira (Viveiro) acollerá a presentación do libro titulado Ángeles Alvariño: mi estela en los océanos, escrito polo xornalista ferrolán Germán Castro Tomé. Será este venres, día 23 de maio, ás 20 horas.
Ademais do autor do libro, no acto participarán a presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto, e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica ferrolá Ángeles Alvariño. Ademais servirase un viño e algo de comer.
A organización da presentación explica que “Germán Castro foi un dinamizador cultural importante en Ferrol, desde o seu posto de xornalista en varios periódicos e fundou o Club de Prensa, Galicia en Foco, a revista Ferrol Análisis,... Comezou a súa carreira periodística no ano 1974 en Ferrol Diario, pasando logo polo Faro de Vigo...
leer másEste xoves, día 15 de maio, ás 20:30 horas na Librería Bahía, de Foz, celebrarán o Día das Letras Galegas coa presentación do libro titulado Bóveda, a memoria no lugar, a cargo do seu autor, Óscar Górriz.
“Trátase dun libro de recollida etnográfica e musical con textos e fotografía. Teremos música de pandeireta completando a presentación”, explica Librería Bahía, que ademais anuncia: “o venres día 16 de maio haberá un 10% de desconto en todos os libros escritos en galego, para celebrar as nosas letras e promover a compra de libros en galego”.
O meteorólogo televisivo Martín Barreiro presentará o seu libro titulado El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. O acto terá lugar este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia que “o meteorólogo e experto en comunicación sobre cambio climático Martín Barreiro presentará o seu libro El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático! na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo. O libro, orientado ao público infantil, ofrécenos información rigorosa acompañada dunhas ilustracións moi coidadas sobre os problemas que ocasiona o cambio climático no noso medio”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a nenos e adultos a asistir á presentación, xa que “é unha...
leer másA Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá este xoves, día 8 de maio, ás 20:30 horas a presentación do libro de relatos A voz do mosquito, escrito por Francisco García Novio.
O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e o presidente deste colectivo ribadense, Farruco Graña, intervirá na presentación xunto ao autor da publicación.
Este domingo, día 27 de abril, ás 17:30 horas a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, celebrará o Día Internacional do Libro cunha actividade “moi especial”: contacontos e presentación da publicación titulada Los alquequenjes mágicos, de Diego Riera. Trátase dunha sesión interxeracional a cargo do autor “para que avós e netos compartan momentos de calidade, rían, soñen e disfruten xuntos”, anuncia o Concello de Ribadeo.
Sortearanse catro exemplares do libro que se presenta entre os nenos e nenas que asistan acompañados dos seus avós, ou outra persoa adulta. Non é necesaria inscrición previa.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta o seu Caderno 16, co título O Valadouro: apuntamentos históricos, de Xosé Martínez Cobos. Será este venres, día 25 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
Este acto está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro e colabora o Concello de Alfoz.












