
A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) anuncia que a presentación do libro Andares (unha escolma de artigos da sección periodística Tía Manuela), autoría do xornalista Luís Celeiro Álvarez, terá lugar o venres día 27 deste mes de febreiro ás 19:00 horas na biblioteca pública municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, de Ribadeo.
No acto intervirán: Begoña Sanjurjo Santar, concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade en Ribadeo; Xosé María García Palmeiro, periodista, presidente de APECSA e autor do limiar do libro; o xornalista Javier Rivera Ponte; e o autor da publicación, Luís Celeiro Álvarez. A entrada será libre.


