A escritora Abril Camino falará en Viveiro da súa obra “Mulleres que viven xuntas” este mércores, 11 de marzo

A escritora Abril Camino falará en Viveiro da súa obra tituladas Mulleres que viven xuntas este mércores, día 11 de marzo, ás 18:00 horas na biblioteca da Escola Oficial de Idiomas (EOI).

“A EOI de Viveiro convídavos a un encontro moi especial coa escritora Abril Camino, gañadora do Premio Xerais de Novela 2025, para falar da súa obra Mulleres que viven xuntas. Unha conversa arredor da literatura, das relacións e das historias que nos unen”, anuncia o Concello de Viveiro.