Lourenzo Fernández Prieto presenta o seu libro “A Galicia moderna (1880-1939)” este venres, 21 de agosto, en A Devesa (Ribadeo)

A asociación de veciños Santa Eulalia, de A Devesa (Ribadeo), anuncia que o Círculo Habanero desta parroquia ribadense acolle este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas a presentación do libro do historiador Lourenzo Fernández Prieto titulado A Galicia moderna (1880-1939).

“Unha oportunidade para escoitar de preto ao autor e aos profesores X.R. Veiga e Francisco Villamil nun coloquio aberto sobre o noso pasado”, explica a asociación veciñal da parroquia de Lourenzo Fernández Prieto.