A Casa da Cultura de San Ciprián, en Cervo, acolle charlas de formación en corresponsabilidade os días 11, 18, 23 e 25 de setembro

O Concello de Cervo anuncia que este xoves 11 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, titulada Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional. As seguintes charlas deste ciclo serán os días 18, 23 e 25 de setembro.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Corresponsables 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove os plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados, con especial incidencia na participación de homes e familias.

“Un espazo de encontro e aprendizaxe para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria e corresponsable”, destaca o Concello de Cervo.