
Esta tarde arrincaron a pista de xeo e Ribaxogo. O Concello organiza un amplo programa de Nadal para todas as idades con obradoiros, teatro, musicais ou actividades deportivas.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “hoxe comezan Ribaxogo, a pista de xeo e multitude de actividades durante este Nadal. Agradecer o traballo coordinado entre as Concellerías de Familia e Mocidade, que traballaron conxuntamente tamén para que todas as idades, todos os públicos, tiveran un Nadal para todos”.
O rexedor subliñou a importancia da pista de xeo: “a pista de xeo xa é algo referente en Ribadeo, destacar que na provincia é o único Concello que ten pista de xeo, acollemos xente desde Oviedo ata Coruña e tamén de toda a provincia e de toda Galicia, que ven moita xente a estas actividades, concretamente á pista de xeo. Entendemos que é un gran impulsor para o noso comercio e para a nosa actividade económica e nosoutros vamos seguir apostando por actividades para todas as idades e para todos os públicos e tamén Ribaxogo”.
Vega seguiu a relatar que “tamén hai que destacar que o 29 e o o 30 haberá actividades interactivas para toda a familia, para todas as idades. É importante que se pense en conciliar porque así as rapaces e os rapaces poden participar de todas as actividades. Cine en Cinelandia, tamén unha actividade cultural que debemos aproveitar e todos os musicais que vai haber aquí en Ribadeo, tanto o de Mago de Oz como o de Aladdín”.
E engadiu: “a chegada de Papá Noel por primeira vez en Ribadeo ou todo o que se está preparando na Cabalgata. A presenza tamén da Coral, da Banda Municipal, toda unha serie de actividades que hai que agradecer tamén a todos os colectivos, por exemplo o Magosto de Amigos da Gaita, agradecer tamén que se estea colaborando para enriquecer a vida cultural e o dinamismo que ten Ribadeo. Creo que é un Nadal, como dixen ao principio, para todas as idades, para todos os públicos, para facer de Ribadeo un referente de dinamismo e de actividades”.
O alcalde, concelleiras e concelleiros do equipo de goberno e representantes de Acisa asistiron á apertura da pista de xeo e de Ribaxogo.
Os horarios son os seguintes:
Pista de xeo do 5 de decembro ao 6 de xaneiro. Horarios de tarde de 16:30 a 21:00 horas. Fins de semana tamén pola mañá de 11 a 13 horas (excepto os días 13 e 14)
Pechada: 24 de decembro e 1 de xaneiro
Ribaxogo do 5 de decembro ao 6 de xaneiro. Aberto todas as tardes de 16:30 a 21 horas. Pechado: 24 de decembro e 1 de xaneiro


