Acisa Ribadeo estrena nova sinalización comercial e turística. O comercio asociado abre os días 6 e 7 de decembro

Acisa Ribadeo ven de mellorar e ampliar a sinalización comercial e turística da vila co fin de facer máis cercano o comercio e a hostalaría á veciñanza e especialmente aos visitantes. Nas últimas semanas foron instalados dous novos muppis no porto e na Avenida de Galicia e revinilados outros xa existentes no casco urbano. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Acisa Ribadeo ven de mellorar hai unhas semanas a sinalización comercial e turística da vila, co fin de que estivera preparada para esta etapa de Nadal. Os traballos consistiron no revinilado das tres marquesiña que xa estaban instaladas a carón da Praza de Abastos, no Parque San Francisco e na rúa Reinante e a instalación de dúas novas, unha no porto de Porcillán e outra na Avenida de Galicia no acceso ao aparcamento municipal. Estes traballos forman parte do proxecto de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo”.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, explicou que “estes novos soportes de información turística están destinados a ofrecer información turística xeral da vila na parte frontal, que está dedicada á nosa marca O noso comercio é vida, vive Ribadeo, onde figuran números de teléfono de interese xeral e unhas pinceladas do que poder facer en Ribadeo; estes muppis inclúen tamén información comercial e hostaleira de Ribadeo, a través da nosa App e coa información que nela se pode encontrar, así coma un código QR para descargala; e como novidade recollen  información básica do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo, potenciando a nosa marca Ribadeo, porta do Camiño Norte”. 

Cruzado Iglesias subliñou que “o que buscamos con estes novos soportes é mellorar e facer mais accesible a información turística, comercial e hostaleira do noso municipio, para que os milleiros de persoas que ano tras ano pasan por Ribadeo poidan atopar todo o que precisan a pé de rúa, e en caso de querer ampliar eses datos o único que teñen que facer é empregar ese código QR”. 

Pérez Prada engadiu que “estes traballos son a última fase parte do proxecto excepcional de Acisa Ribadeo deste ano O noso comercio é vida, vive Ribadeo, premiado pola Xunta de Galicia e que conta coa financiación da Dirección Xeral de Comercio e a cofianciación do Concello de Ribadeo”. 

Apertura comercial na ponte festiva
O comercio de Ribadeo abrirá as súas portas este sábado, 6 de decembro. 
O xerente de Acisa dixo que “esta fin de semana encaramos a ponte festiva da Constitución, e como se trata duns días de afluencia tanto de veciñanza local que volta á casa para gozar destas xornadas, coma de persoas de toda a contorna e de turistas, a pesar de que o sábado día 6 é festivo, os establecementos comerciais da vila permanecerán abertos ao público. Así mesmo, o domingo día 7 pola mañá, numerosos comercios volverán abrir as súas portas co obxectivo de facilitar as compras de Nadal e ofrecer unha maior comodidade á clientela. Así o acordamos e comunicamos os nosos asociados asociadas. Durante esta fin de semana, Ribadeo contará cun ambiente plenamente navideño, cunha ampla oferta de produtos, servizos e atención personalizada, característica do comercio de proximidade”.

A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos convida “a veciños, visitantes e clientela en xeral a achegarse a Ribadeo para realizar as súas compras, pasear e gozar da vila nestas datas tan sinaladas”.

A presidenta da Acisa lembrou que “desde hoxe polas compras feitas no comercio local e polo gasto realizado na hostalería e nos servizos asociados a Acisa a clientela recibirá papeletas para participar no sorteo da XV Festa do Comercio, que terá lugar o vindeiro 10 de xaneiro. En xogo poñeremos unha viaxe a Menorca para dúas persoas e 5.000 euros en vales de compra. Cando paguemos as nosas compras non esquezamos pedir e levar as rifas de Acisa Ribadeo”.