O mago Cayetano Lledó actuará en Ribadeo este sábado, 24 de xaneiro

O mago Cayetano Lledó actuará no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, este sábado, día 24 de xaneiro, ás 19:00 horas.

O Concello de Ribadeo anuncia: “prepárate para rir, sorprenderte e vivir un espectáculo cheo de ilusión e humor!”.

Os prezos son: 10 euros a entrada xeral; 5 euros reducida (desempregados, estudantes e xubilados); e para os menores de 12 anos é de balde.