
A obra titulada Un deus salvaxe, de Talía Teatro, chega a Ribadeo, este domingo, día 31 de maio. A representación será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia que é “unha comedia afiada, intelixente e chea de tensións cotiás da recoñecida autora Yasmina Reza. Un encontro aparentemente normal, que acaba sacando o lado máis salvaxe de cada personaxe. Non perdas unha noite de teatro intenso, ácido e moi humano da man de Talía Teatro”. Con María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais. E dirixida por Artur Trillo.


