
O atrio da igrexa de Landrove, no municipio de Viveiro, acolle a novena edición da Festa da Paella este venres, día 31 de xullo, ás 21:00.
É un evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva Pequenos Pasos. Repartiranse racións de paella (inclúe tamén pan, sobremesa e café) a 14 euros para as persoas asociadas e a 17 euros para o resto dos asistentes.
A festa será amenizada polo dúo Caramelo.


