Enrique Pérez-Campoamor falará sobre “Colosos del mar al servicio de la Iglesia” en Ribadeo luns 24 de agosto

O Concello de Ribadeo anuncia que o día 24 de agosto, luns, ás 20:30 horas o Forte de San Damián acollerá “unha interesante charla de Enrique Pérez-Campoamor Miraved sobre as ameixas xigantes da contorna do Eo”.

A conferencia titúlase Colosos del mar al servicio de la Iglesia e é “unha oportunidade para descubrir máis sobre estes impresionantes habitantes do noso litoral”.