
A asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa organiza unha excursión a Pontevedra e Cambados para este sábado, día 19 de setembro.
“Xa temos aquí a nosa vindeira viaxe cultural! O sábado 19 de setembro deixamos as rutinas na casa e marchamos descubrir a maxia de Pontevedra e o encanto de Cambados. Grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Cultura), organizamos un día redondo onde non vai faltar a boa comida, o turismo e, sobre todo, moita diversión entre veciños. O plan para o día: viaxe completa (bus de ida e volta), guía para non perder detalle, almorzo e un bo xantar”, explica a Asociación de Veciños A Devesa, que engade: “punto de encontro: ás 07:30 h no Local Social (Círculo Habanero). Puntualidade británica e moitos sorrisos!”.
Os prezos son: 30 euros para as persoas asociadas do colectivo organizador e 40 euros para as que non o son. A data límite para apuntarse é este xoves, 16 de setembro, falando con Domingo no teléfono 682.06.57.07.


