
O Concello de Cervo, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un curso de defensa persoal feminina, que terá lugar este domingo, 15 de novembro, na Casa do Mar. A actividade desenvolverase en dúas quendas: de 10:00 a 14:00 horas; e de 16:00 a 20:00 horas.
“Unha iniciativa para aprender técnicas básicas de autodefensa, adquirir ferramentas de protección e reforzar a confianza e a seguridade persoal”, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou por WhatsApp no 683.31.59. 39 ata o sábado 14 de novembro.


