ACD Penalba-Colectivo Chilindrín ven de cancelar a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se ía celebrar o 18 de xullo. O evento queda pendente para 2021.

Os organizadores sinalan que "debido á situación actual que estamos a vivir como consecuencia do COVID-19, a directiva da A. C.D. Penalba apraza a festa da merluza do pincho de Celeiro, que tería lugar o próximo 18 de xullo e así previr posibles problemas que se podían ocasionar  e garantir a saúde de tod@s, xa que a saúde e a seguridade de tod@s é o máis importante. Ánimo!, e vémonos en xullo do vindeiro ano 2021".

E engaden: "o noso agradecemento para @s colaboradores sen os cales sería imposible levar adiante a Festa: Puerto de Celeiro SA; Cofradía de Pescadores de Celeiro; Concello de Viveiro; Repsol; Deputación de Lugo; Abanca; Grupo Gadisa; e tod@s @s nos@s voluntari@s que fan que a Festa, ano tras ano, sexa un éxito".