A asociación de veciños O Torqués, de Marzán (Foz), organiza unha viaxe a Ponferrada para o 11 de maio

A asociación de veciños O Torqués, de Marzán (Foz), organiza unha viaxe a Ponferrada para o 11 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas.

As prazas son limitadas e o prazo para retirar o ticket para participar remata o 6 de maio.

O socios do colectivo organizador deben pagar 35 euros e o prezo para as persoas que non pertencen á asociación é de 40 euros. Inclúe a viaxe de ida e volta de Foz a Ponferrada en autobús, visita ao castelo dos templarios, comida no restaurante La Taberna e entradas aos museos do Bierzo e da radio.