Black Friday no CCH de Viveiro os días 26 e 27 de novembro con fantásticos descontos en moitos artigos.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 26 e o sábado 27 de Novembro a campaña “Sácalle Brillo ó Black Friday Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Desde o CCH din: “apostamos por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis ós clientes, facilitando o servizo e premiando as compras, farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal e entregando vales de 5€ de desconto para as compras de Nadal. A maiores dos descontos do Black Friday, os locais participantes entregarán vales por valor de 5€, e eses vales serán para gastar nas compras de Nadal. Queremos premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local e que mellor forma de ampliar aínda máis os descontos. Para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos o sistema de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal,garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis. Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e cós envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras para os nosos clientes da Mariña e Ortegal. Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías...isto é Comercio Local. Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 60% nalgúns casos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, óptica, telefonía, perruquerías, beleza, etc”. 

E engaden: “os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificaraqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días”.