Brais das Hortas actuará en Rúa (Cervo) este venres, 12 de setembro, dentro do Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”

Este próximo venres, día 12 de setembro, segue o Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, no concello de Cervo. Haberá unha sesión regato, para público infantil, nas Escolas Vellas de Rúa ás 17:00 horas a cargo de Brais das Hortas.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.