
Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro os días 27, 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas, cando haberá sardiñada, que será gratis para a veciñanza de Cangas e as demais persoas terán que pagar 10 euros. Desde as 23:00 horas terá lugar o Riosmar Fest, con entrada gratuíta, no que actuará a orquestra Kubo, co seu macro escenario, e os DJs Alejandro Martínez e Manu Méndez.
O sábado ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Miramar.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra a San Pedro, cantada polo coro Os Castros; e despois procesión coa Banda de Foz e sesión vermú co dúo Venus.
A organización destaca que dispoñen de carpa e aparcamentos.