Cervo acollerá unha exposición colectiva e un curso de fotografía en maio

Cervo acollerá a mostra fotográfica titulada “Photo xuntanza” e un curso gratuíto de fotografía no mes de maio, na Sala das Carboeiras, en Sargadelos.

Trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas.

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller a través do teléfonos 649.03.73.00 (Ocaña) ou 647.56.83.83 (Paco).

Na mostra colectiva participarán: Fotonavia, que é unha asociación creada en Navia (Asturias); Os Potiños, que é un grupo de Carballiño (Ourense); Grupo Asemeya, de Xixón (Asturias); Asociación Os Negativos, de Viveiro;   e como convidado especial Vicente Ansola, que é un prestixioso fotógrafo cántabro que posúe varios premios de carácter internacional.

Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada.