Do 22 ao 27 de agosto celébrase en Viveiro a Romaría do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego

A tradicional Romaría do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego, celebrará unha nova edición entre os días 22 e 27 de agosto cun programa do máis completo.

O venres 22 de agosto será o esperado día do polbo, que estará amenizado por unha charanga.

O sábado 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa na capela do campo da festa e a procesión, seguida dunha sesión vermú de 14:30 a 16:00 horas. Pola noite, ás 23:00 horas, a verbena correrá a cargo de Elebe e Pasión.

O domingo 24 a misa das 13:30 horas será cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, seguida da procesión. De novo haberá vermú e verbena ás 23:00 horas con Supertop e Los Alcántara.

O luns 25, música todo o día con Salsarena e Arizona, tanto na sesión vermú como na verbena da noite. 

O martes 26 será a quenda de Los Españoles e Conxuro, tamén en dobre sesión.

Para rematar, o mércores 27 celebrarase o día do neno, con atraccións no campo da festa a prezos populares.

A Romaría conta coa colaboración do Concello de Viveiro, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, así como entidades e empresas como Abanca, Viaqua ou Gadis.