En Ribadeo Educando en Familia organiza unha charla o 25 de novembro na Escola de Cinxe

A Escola de Cinxe acollerá unha charla para as familias. O título é Sácalle partido ao teu estudo. Está organizada por Educando en Familia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

A cita será este sábado, 25 de novembro, ás 11 horas na Escola de Cinxe, na Devesa. A charla será impartida por Carolina García Chico, que é especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familia.