
O Concello de Cervo organiza para o luns 19 de outubro unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A saída será ás 17:30 horas desde o peirao de San Ciprián.
Ademais os edificios municipais iluminaranse de cor rosa “para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade”, explica o Concello de Cervo.


