![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2022/current-datecustomm/maleta_0.jpg?itok=DLWAU0An)
O Concello de Viveiro anuncia a representación do contacontos inclusivo titulado “A Maleta” este sábado, 24 de setembro. Esta iniciativa conmemora o Día Internacional da Lingua de Signos que se celebra este venres.
A cita será este sábado ás 18.00 horas na sala multiusos do Concello e diríxese á infancia a partir dos 5 anos. O espectáculo é gratuíto ata completar aforo e non é necesario reservar praza.
A representación inclúe un contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua oral. O espectáculo inclúese dentro da programación “Ler conta moito”.
“No Concello de Viveiro cremos que se a cultura non é de todos e para todos, non é cultura, por iso acollemos estas iniciativas que normalizan a inclusión”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.