
O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da parroquia ribadense de Cubelas. Será este sábado, día 31 de maio, ás 19:00 horas, dentro da programación Serás de Teatro.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Cubelas.